viernes, 14 de junio de 2013

O dragón Pepe

Rocío e Borja contannos un conto inventado por eles.
Esperamos que vos guste!!


martes, 5 de marzo de 2013

Guia profesorado estratexias Asperger







http://espectroautista.info/ficheros/publicaciones/estrategias-practicas-para-el-aula.pdf

Editado polo Goberno Vasco temos este material que nos da estratexias para o aula cos nenos asperger, ten varios apartados: as relacións sociais, a comunicación, imaxinación e ríxidez, dificultades sensoriais e motoras, dificultades emocionais e destreza para o traballo.

Mostrándo estratexias de utilidades para cada un destes apartados.

jueves, 28 de febrero de 2013

TDAH: guía para educadores e pais

Buscando información para dar resposta ao alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade(TDAH) atopámonos con un libro realmente práctico e de fácil lectura, que resolve moitas dúbidas e ofrece pautas realmente prácticas e interesantes. Está publicado pola fundación ADANA


Tamén queremos recomendar unha páxina moi interesante http://www.trastornohiperactividad.com/
 xa que nela atopamos autra guía para pais e educadores e ademáis poderedes atopar información fiable de todo tipo, preguntas frecuentes, e un montón de recursos interesantes,entre eles un planificador de semana para os rapaces, un test de autoavaliación, contos....

Aquí vos deixamos o máis destacado desta páxina: enlaces directos aos recursos máis prácticos e bonitos que atopamos. Esperamos vos sexan de axuda.



 Guía para pais e educadores
 Clicando na imaxe accederedes a esta completa guía




Pautas orientativas para pais e pautas orientativas para alumnos. 
Clicando na imaxe accedemos directamente ao pequeno cuaderno con pautas cara a familia e o propio alumno





 Planificador persoal para o alumno
Clicando na imaxe accedemos a unha axenda/planificador que te axuda a organizar as tarefas, momentos de ocio, ....








Test de autodiagnóstico
Clicando na imaxe accedemos a un test no que iremos contestando unha serie de preguntas para darnos unha idea aproximada deseestamos ante un caso TDAH ou non. Como primeira aproximación, SEMPRE precisamos dunha valoración médica.










Preciosos contos sobre o TDAH

Clicando na imaxe accedemos ao enlace que nos dará a opción de velos como audiolibros moi ben narrados ou podemos baixalos en formato PDF para imprimir.



















viernes, 22 de febrero de 2013

TICS na infancia

Moitos rapaces presentan ou poden presentar ao longo da súa infancia e adolescencia, algunha clase de tic que como pais ou titores pódennos preocupar. Neste artigo falan dos tics na infancia, da súa relevancia, da súa persistencia, cando preocuparse e cando non. Clicando na imaxeaccederedesao documento.

miércoles, 20 de febrero de 2013

Pautas para aprender a respirar e relaxarse

Neste artigo de "presa - escuela" atopamos unha guía para aprender a relaxarse e a respirar dunha forma máis eficiente e saudable. É un artigo moi interesante xa que nos amosa dunha forma sinxela e esquemática a técnica de relaxación progresiva de Jacobson e unhas pautas de respiración que serán moi útiles tanto na aula de AL como nas sesións de estimulación da linguaxe en educación infantil. Espero que vos resulte interesante. Clicade na imaxe para acceder ó documento.