Mostrando entradas con la etiqueta respiración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta respiración. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de febrero de 2013

Pautas para aprender a respirar e relaxarse

Neste artigo de "presa - escuela" atopamos unha guía para aprender a relaxarse e a respirar dunha forma máis eficiente e saudable. É un artigo moi interesante xa que nos amosa dunha forma sinxela e esquemática a técnica de relaxación progresiva de Jacobson e unhas pautas de respiración que serán moi útiles tanto na aula de AL como nas sesións de estimulación da linguaxe en educación infantil. Espero que vos resulte interesante. Clicade na imaxe para acceder ó documento.

miércoles, 13 de febrero de 2013

Problemas asociados ao asma. Cando o aire non chega

Atopamos un artigo de prensa-escuela con información e indicacións sobre o asma. Deixámolo a vosa disposición para quen lle poda interesar. Clicade na imaxe para abrir o documento.


domingo, 21 de noviembre de 2010

Xogo de cartas: praxias, respiración, discriminación auditiva, trabalenguas,...

Aqui deixo un xogo de cartas que traballa as praxias, a respiración e o sopro, a discriminación auditiva, trabalinguas... Deste modo podemos traballar as dislalias dunha forma máis divertida e incluso en pequeno grupo. Utilizaremos o dado para seleccionar cada tipo de actividade ou volver a tirar e realizaremos este xogo frente ao espejo para fixarnos en como realizamos os exercicios.
Para poder utilizalo imprimiremo-las fichas e o dado. E... ¡a xogar!


Dado: plantilla do dado para imprimir.


Discriminación auditiva:
Fichas que axudarán a mellorar a discriminación de fonemas ou detectar problemas de discriminación de fonemas similares.



 

Expresión facial: Fichas que traballan a expresión facial.





Praxias: Fichas para traballar as praxias bucofonatorias, pero tamén podemos aproveitar para traballar coas presentacións en power point que xa están colgadas.



Respiración e sopro: Fichas e proposta de xogos para traballar a respiración, os materiais haberá que telos preparados antes de empezar a xogar.





Trabalinguas: Fichas con trabalinguas, tamén poderíamos usar cancións ou adiviñas.


Praxias en power point

Presentacións en Power Point das distintas praxias bucofonatorias para exercitar de forma amena e divertida tanto os órganos bucofonatorios como a respiración e o sopro. Así podemos axudar a mellorar tanto a correcta articulación de fonemas, como a respiración.