Aqui deixo un xogo de cartas que traballa as praxias, a respiración e o sopro, a discriminación auditiva, trabalinguas... Deste modo podemos traballar as dislalias dunha forma máis divertida e incluso en pequeno grupo. Utilizaremos o dado para seleccionar cada tipo de actividade ou volver a tirar e realizaremos este xogo frente ao espejo para fixarnos en como realizamos os exercicios.
Para poder utilizalo imprimiremo-las fichas e o dado. E... ¡a xogar!
Dado: plantilla do dado para imprimir.
Discriminación auditiva: Fichas que axudarán a mellorar a discriminación de fonemas ou detectar problemas de discriminación de fonemas similares.
Expresión facial: Fichas que traballan a expresión facial.
Praxias: Fichas para traballar as praxias bucofonatorias, pero tamén podemos aproveitar para traballar coas presentacións en power point que xa están colgadas.
Respiración e sopro: Fichas e proposta de xogos para traballar a respiración, os materiais haberá que telos preparados antes de empezar a xogar.
Trabalinguas: Fichas con trabalinguas, tamén poderíamos usar cancións ou adiviñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario