martes, 27 de marzo de 2012

Resumo e comentario sobre documento Daniel Veiga

O BLOG COMO FERRAMENTA NA ORIENTACIÓN EDUCATIVA
                                                               Daniel Veiga Martínez
O autor sinala que un blog é unha modalidade de páxina web que potencia a participación e a interactividade e que posibilita a sindicación de contidos(rss)
no ámbito educativo as vantaxes xerais do uso dos blogs son variadas:
  1. sistema rápido, sinxelo e sen coste para publicar no internet.
  2. a posibilidade que ten o visitante de participación e interactividade 
  3. un sistema de almacenamento e organización da información.
no que se refire as aportacións pedagóxicas:

  • posibilita e potencia a alfabetización dixital do alumnado.
  • aporta motivación para as ensinanzas da lectura e escritura. Permite a formación audiovisual.
  • o alumno é o protagonista do seu blog, é a publicación inmediata reforza a sensación de éxito.
  • axuda na creación de redes virtuais de aula.
  • iniciamos ao alumno nas actividades específicas para organizar, compartir e traballar coa información.
  • o blog reflicte as actividades de aprendizaxe realizadas (caderno virtual).
Con respecto as aportacións pedagóxicas que sinala o autor, penso que é interesante resaltar a do alumno como creador, protagonista o que favorece a motivación cara o aprendizaxe e tamén o aspecto colaborativo que ten o blog, é importante, dende o punto de vista do tratamento da información como no desenvolvemento na toma de decisións, elaboración de xuízos críticos, opinións contrastadas tan necesarias na sociedade actual onde a selección da información é fundamental.
Continua Daniel Veiga, definido que o blog pode ser un espazo de aprendizaxe. O blog como unha ferramenta multiuso que nos permite variadas aplicacións pedagóxicas.
1- planificar, crear e manter un blog con blogia, a súa característica principal é a simplicidade.
2-configurar conta como usuarios avanzados. Darnos de alta no buscador de google e na páxina aulablog.
3-crear temas - é preciso planificar con con criterios pedagóxicos, as finalidades e funcións do noso blog.
De maneira habitual, a nosa tarefa vai ser publicar artigos con ligazóns e/ou imáxes.
 A experiencia  dinos que non lles resulta complicado a realización das tarefas anteditas.
 Unha razón máis para empregar os blogs nos centros educativos.
Temos sistemas de creación de blogs en galego www.blogoteca.com e www.blogaliza.org . un dos servizos máis interesantes da chamada web 2.0 é sen dúbida BLOGLINES, a posibilidade de informarnos de maneira automática.
con un valor pedagóxico importante dá unha relación de aplicacións interesantes no noso traballo de orientador :
 subcribirse a apcala - para saber utilizar as súas presentacións interesantes.
www.blinklist.com - para ter as miñas webs favoritas organizadas.
www.irows.com/xo/welcome.do- para follas de cálculo e gráficas.
www.interrogantes.com- para enquisas sinxelas. etc.
Outra reflexión pedagóxica importante é a da conveniencia  do que uso dos blogs tivera un espazo curricular e non só se identificara de maneira exclusiva coas tarefas de información académica e profesional




No hay comentarios: