Este é o blog do Dpto. de Orientación do CEIP Quintela de Moaña. Nace coa idea de orientar e apoiar as familias e ao resto da comunidade educativa.
domingo, 30 de septiembre de 2012
Información básica sobre disfemia
Clicando na imaxe atoparedes un pequeno documento que nos achega ás nocións básicas sobre a tartamudez ou disfemia. Espero que sexa do voso interese.

Etiquetas:
AL,
disfemia,
orientacións
martes, 18 de septiembre de 2012
Novo xogo: "El bus de las palabras"
Novo xogo para crear palabras partindo dunha serie de letras. Traballaremos a conciencia semántica dunha maneira fácil, cómoda e atractiva.
Etiquetas:
conciencia semántica,
dislexia,
xogos
miércoles, 12 de septiembre de 2012
Benvidos ao cole!!
Dámoslle a benvida a tódolos rapaces e rapazas de 3 anos que comezan este ano o cole. Ademáis aproveitamos para explicarlle aos papás e mamás que durante o curso realizaremos unha sesión semanal de estimulación da linguaxe que consistirá en traballar a respiración, o sopro, os movementos dos órganos articulatrios (cara, beizos, lingua, mandíbulas,..), ademáis de vocabulario, expresión oral ou relaxación. Todo isto traballarase mediante xogos, cantigas, e contos para facelo de forma divertida. Tamén levaremos un rexistro da fala de cada alumn@ durante toda a etapa de infantil para poder avaliar os progresos ou dificultades e así ofrecer os apoios necesarios.
Se premedes na imaxe accederedes a un pequeno panfleto sobre o traballo da mestra de audición e linguaxe e pequenos consellos e xogos para favorecer a fala dos vosos fillos e fillas.
Etiquetas:
AL,
Estimulación da linguaxe,
familias,
orientacións,
pais
Suscribirse a:
Entradas (Atom)