miércoles, 12 de septiembre de 2012

Benvidos ao cole!!

Dámoslle a benvida a tódolos rapaces e rapazas de 3 anos que comezan este ano o cole. Ademáis aproveitamos para explicarlle aos papás e mamás que durante o curso realizaremos unha sesión semanal de estimulación da linguaxe que consistirá en traballar a respiración, o sopro, os movementos dos órganos articulatrios (cara, beizos, lingua, mandíbulas,..), ademáis de vocabulario, expresión oral ou relaxación. Todo isto traballarase mediante xogos, cantigas, e contos para facelo de forma divertida. Tamén levaremos un rexistro da fala de cada alumn@ durante toda a etapa de infantil para poder avaliar os progresos ou dificultades e así ofrecer os apoios necesarios. 

 
 Se premedes na imaxe accederedes a un pequeno panfleto sobre o traballo da mestra de audición e linguaxe e pequenos consellos e xogos para favorecer a fala dos vosos fillos e fillas.


No hay comentarios: