Paréceme un artigo moi interesante polo modo de redactar de forma clara e sinxela os aspectos para mellorar a convivencia na casa cando uns pais teñen un fillo-a con TDHA .
http://psicopedagogias.blogspot.com.es/2011/12/tdah-en-casa.html?spref=bl
Este é o blog do Dpto. de Orientación do CEIP Quintela de Moaña. Nace coa idea de orientar e apoiar as familias e ao resto da comunidade educativa.
lunes, 30 de abril de 2012
sábado, 14 de abril de 2012
Recursos Sobre Técnicas de Estudio
Fálase nesta páxina "Recursos en INTERNET sobre Métodos e Técnicas de Estudio" dos bos hábitos que debe incorporar a rutina diaria o alumno/a. Hábitos Alimenticios básicos para un desenvolvemento persoal positivo, Hábitos de sono un aspecto que é de traballo constante dende a educación infantil cos pais e na primaria tamén cos alumnos, distribucción do tempo para o estudio das distintas materias ...
A información é completa, eu destacaría o enlace a "aprender a estudiar" con unha moi boa presentación, atractiva é motivadora para traballar cos alumos na aula.
A distribucción das tarefas que se leva para casa, os bos hábitos de estudio cara un exame, teñen que traballarse na aula para unha adquisición a través da práctica saber subliñar, facer esquemas, ler enunciados son exemplos.

miércoles, 11 de abril de 2012
Importancia das TICS na Educación
Neste comentario destaco a información recollida na páxina "Orientación TIC" , onde temos moitos artigos e recursos educativos, ferramentas Web 2.0 e distintos enlaces moi ben clasificados como: cultura-dixital, TIC e educación, código TIC, TIC&TAC . Ten tamén un enlace co diario observatorio TIC e educación, para estar ao dia nestes temas.
A través destes enlaces colocados a pé de cada artigo, podemos ampliar máis no tema que nos interese, están ben organizados, e son fáciles de localizar pola presentación dinámica que ten toda a información en xeral.

Os Blogs é a súa Potencial Utilidade para os Membros da Comunidade Educativa
Para facer este artigo tomarei como referencia dous dos blogs que teño na lista, que estou a facer neste inicio de percorrido polo mundo da web 2.0.
Escollín a modo de exemplo, un blog de "psicología y pedagogía" parece importante ter como consulta, apoio para o desenvolvemento profesional un blog sobre a materia, fundamentos teóricos que manexamos na labor diaria da orientación.
Moitos dos artigos que comparte ou desenvolve este blog, teñen aplicacións directas para as posibles metodoloxías a desenvolver polos mestres para personalizar na aula según de que alumno esteamos a falar. É para pais interesados en ampliar información sobre a educación dos seus fillos.
O segundo " blog orientapeques " é moi práctico para a aula, con moitos recursos para atender a diversidade nas aulas e recolle reflexións sobre as necesidades educativas, feitas polos mestres no día a día. Neste blog hai vídeos, actividades para o alumnado e traballar distintos temas como a educación en valores, etc. ; Ten tamén artigos, vídeos para compartir información cos pais.
Etiquetas:
artigos
Ubicación:
Moaña, España
miércoles, 28 de marzo de 2012
Resumo e Comentario do documento de Mª Carmen Delgado
O BLOG ORIENTACIÓN
Autoría: Mª Carmen Delgado Lendíne
Neste artigo a autora sinala, a importancia das TICs no mundo da educación hoxe en día. Os orientadores temos que aproveitar as ferramentas que nos ofrecen para chegar de maneira máis eficaz ao alumnado e as súas familias.
A través do blog pretende incorporar as TICs a labor orientadora, no análise das competencias a desenvolver fala de:
- habilidades para buscar e obter información.
- habilidades para transformar a información en coñecemento.
- habilidades para comunicar a información.
- Proporcionar ferramentas e información relevante para a toma decisións vocacionais, unha das ventaxas do blog é poder solventar dúbidas puntuais sen necesidade de concertar unha entrevista. Outra ventaxa é a actualización constante da información.
- Recopilar recursos, webs, ferramentas para a formación, materiais, etc. relacionados coa orientación e co mundo da educación en xeral. É de utilidade sobre todo se se utliza a subscripción a través das cales podemos recibir as novidades do blog, ben a través de notificacións ao correo electrónico ou mediante as fontes RSS, co conseguinte aforro de navegación.
- Pretende proporcionar aos titores, ao profesorado en xeral materiais para a acción titorial: técnicas de estudio, titorías interactivas, materiais sobre as probas de diagnóstico, educación en valores, convivencia. Recurso moi valioso por exemplo son as conferencias en vídeo.
- Obxectivo que foise impoñendo pola demanda dos usuarios é facer máis accesible a información acerca de as posibilidades que ofrece o nosos sistema educativo.
Con respecto a información que nos dá en este blog, paréceme amplia articulada é moi ben organizada sobre todo para os principiantes no tema dos blogs, de moita utilidade en xeral para toda a comunidade educativa.
A valoración que fai da falta de tempo, diversidade e amplitude de contidos dentro do mundo da orientación estou toalmente dacordo.
Salientar que o último comentario sobre a necesidade de fomentar o traballo colaborativo creo que é unha reflexión moi importante.
Penso que é un paso máis avanzado, cando xa ti tes o blog estruturado e dinámico pero un paso importante é moi enriquecedor non só para os recursos materiais, senón é fundamentalmente para o apoio interpersoal nun frente común como é a abordaxe de tantos eidos que abarca o departamento da orientación dun centro.

martes, 27 de marzo de 2012
Resumo e comentario sobre documento Daniel Veiga
O BLOG COMO FERRAMENTA NA ORIENTACIÓN EDUCATIVA
Daniel Veiga Martínez
O autor sinala que un blog é unha modalidade de páxina web que potencia a participación e a interactividade e que posibilita a sindicación de contidos(rss)
no ámbito educativo as vantaxes xerais do uso dos blogs son variadas:
- sistema rápido, sinxelo e sen coste para publicar no internet.
- a posibilidade que ten o visitante de participación e interactividade
- un sistema de almacenamento e organización da información.
- posibilita e potencia a alfabetización dixital do alumnado.
- aporta motivación para as ensinanzas da lectura e escritura. Permite a formación audiovisual.
- o alumno é o protagonista do seu blog, é a publicación inmediata reforza a sensación de éxito.
- axuda na creación de redes virtuais de aula.
- iniciamos ao alumno nas actividades específicas para organizar, compartir e traballar coa información.
- o blog reflicte as actividades de aprendizaxe realizadas (caderno virtual).
Continua Daniel Veiga, definido que o blog pode ser un espazo de aprendizaxe. O blog como unha ferramenta multiuso que nos permite variadas aplicacións pedagóxicas.
1- planificar, crear e manter un blog con blogia, a súa característica principal é a simplicidade.
2-configurar conta como usuarios avanzados. Darnos de alta no buscador de google e na páxina aulablog.
3-crear temas - é preciso planificar con con criterios pedagóxicos, as finalidades e funcións do noso blog.
De maneira habitual, a nosa tarefa vai ser publicar artigos con ligazóns e/ou imáxes.
A experiencia dinos que non lles resulta complicado a realización das tarefas anteditas.
Unha razón máis para empregar os blogs nos centros educativos.
Temos sistemas de creación de blogs en galego www.blogoteca.com e www.blogaliza.org . un dos servizos máis interesantes da chamada web 2.0 é sen dúbida BLOGLINES, a posibilidade de informarnos de maneira automática.
con un valor pedagóxico importante dá unha relación de aplicacións interesantes no noso traballo de orientador :
subcribirse a apcala - para saber utilizar as súas presentacións interesantes.
www.blinklist.com - para ter as miñas webs favoritas organizadas.
www.irows.com/xo/welcome.do- para follas de cálculo e gráficas.
www.interrogantes.com- para enquisas sinxelas. etc.
Outra reflexión pedagóxica importante é a da conveniencia do que uso dos blogs tivera un espazo curricular e non só se identificara de maneira exclusiva coas tarefas de información académica e profesional

domingo, 25 de marzo de 2012
A NECESIDADE DE CREAR UN BLOG PROFESIONAL : 8 motivos para crear o teu blog
No documento www.totemguard.com./aulatotem/8 motivos para crear tu blog. dá unhas razóns polas que ve o autor a necesidade por parte dos docentes para ter un blog educativo.
os motivos que sinala son:
- Reflexionar a posteriori sobre a evolución do teu traballo e pensamento - xa que un blog é esencialmente un diario, permitindo valorar no tempo o traballo desenvolvido polo autor deste.
- Progresar nas competencias TIC - non se pode ignorar este tipo de tecnoloxías se se desexa participar e entender a evolución actual no campo educativo.
- Comunicar con outros profesionales da educación - iníciase un diálogo, reflexivo e crítico que axuda a mellorar.
- Conectar con alumnos e/ou pais - o blog é proveitoso para crear un lugar de diálogo e conectar con os alumnos fora do horario lectivo. É moi motivador especialmente para os alumnos que non participan na clase. os pais tamén coñecen mellor ao orientador.
- Mellor presentación oral e escrita - mellora a forma de explicar calquer concepto aos alumnos, docentes o para para que poidan entendelo claramente.
- Desenvolver o teu lado creativo - se escribes no blog con frecuencia descubres que has de buscar maneiras creativas de articular ideas ou mensaxes.
- Expandir oportunidades profesionais - cando publicas creas unha pegada dixital. Se desexas dar a coñecerte profesionalmente e contribuir ao diálogo educativo do momento o blog é de grande utilidade.
- Cambiar a imaxe pública do docente.
Considero que as razóns ou motivos que da o autor están ben definidos é son claros sobre as posibilidades que brinda tanto a nivel persoal, cando fala do desenvolvemento do lado creativo, da expansión de oportunidaes profesionais; como do desenvolvemento profesional para un orientador/a.
Analizando dende clave orientadora, todos estes motivos son aproveitables e moi válidos para mellorar no traballo diario. Por outra banda é certo que afacerse a empregalo con certa regularidade, analizar o tempo que leva o elaborar presentacións, artigos etc. se en principio non debe ser un impedimento para descartar este recurso; se hai que telo en conta é prever cando un ponse mans a obra no desenvolvemento do teu blog. Penso que tanto a planificación, organización como constancia para conseguires pouco a pouco sentirse cómodo/a no manexo dun blog, son aspectos fundamentais.
Verse reflexar o que ti fas, o plantexamento do traballo do departamento nas públicacións, artigos, ... é un obxectivo que debería compensar o traballo que conleva ter o blog.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)