miércoles, 17 de octubre de 2012

O déficit de atención con hiperactividade: Un terremoto na casa.

Outro artigo de prensa escola con información práctica, esta vez do Déficit de atención con hiperactividade. Espero que sexa do voso interese.


lunes, 1 de octubre de 2012

Como deixar a chupeta en 15 días

O uso da chupeta nos bebés e nenos pequenos é un método fácil e cómodo para tranquilizalos, pero o seu uso prolongado ou a súa dependencia tanto para durmir como para tranquilizarse pode ocasionar problemas. Ademáis é habitual entre os pais a preocupación de cando e como deixala. Para respostar algunhas destas preguntas achégovos unha serie de blogs que falan sobre os pros e os contras das chupetas e o momento de deixar o seu uso.
Tamén vos deixo o enlace para descargar o método da fada Susú, un método para deixar a chupeta en 15 días. Dende o enlace poderédelo descargar de forma gratuita e imprimilo.

Blogs de interese:






Método de 15 días gratuíto, "El libro para dejar el chupete"



Pinchando na imaxe entraredes na páxina de Difrax directamente na sección de libros libres. O primeiro libro é o que nos interesa, pinchamos en descargar libro e aparecen 7 enlaces. Só necesitamos os tres últimos: calendario, stickers e "El libro para dejar el chupete". Os outros enlaces son páxinas soltas que xa aparecen directamente no libro.

Moita paciencia, moito agarimo e ánimo para deixar a chupeta.

domingo, 30 de septiembre de 2012

Información básica sobre disfemia

Clicando na imaxe atoparedes un pequeno documento que nos achega ás nocións básicas sobre a tartamudez ou disfemia. Espero que sexa do voso interese.



martes, 18 de septiembre de 2012

Novo xogo: "El bus de las palabras"

Novo xogo para crear palabras partindo dunha serie de letras. Traballaremos a conciencia semántica dunha maneira fácil, cómoda e atractiva.


miércoles, 12 de septiembre de 2012

Benvidos ao cole!!

Dámoslle a benvida a tódolos rapaces e rapazas de 3 anos que comezan este ano o cole. Ademáis aproveitamos para explicarlle aos papás e mamás que durante o curso realizaremos unha sesión semanal de estimulación da linguaxe que consistirá en traballar a respiración, o sopro, os movementos dos órganos articulatrios (cara, beizos, lingua, mandíbulas,..), ademáis de vocabulario, expresión oral ou relaxación. Todo isto traballarase mediante xogos, cantigas, e contos para facelo de forma divertida. Tamén levaremos un rexistro da fala de cada alumn@ durante toda a etapa de infantil para poder avaliar os progresos ou dificultades e así ofrecer os apoios necesarios. 

 
 Se premedes na imaxe accederedes a un pequeno panfleto sobre o traballo da mestra de audición e linguaxe e pequenos consellos e xogos para favorecer a fala dos vosos fillos e fillas.


martes, 28 de agosto de 2012

AVALIACIÓN E COMPETENCIA CURRICULAR


recopilación de material   práctico, útil  para o noso  traballo  coa avaliación inicial está moi completa esta entrada .  











ORIENTACIÓN: AVALIACIÓN E COMPETENCIA CURRICULAR de Orientacióncpidepanxón.

Psicología y pedagogía: TDAH EN CASA

Psicología y pedagogía: TDAH EN CASA:
 un bó artígo que sinala accións a emprender na casa para facilitar e mellorar a convivencia  de todos os membros.