domingo, 30 de diciembre de 2012

QUIERO QUE TE QUIERO


Guia para pais-nais con claves para unha educación positiva, apreciando o tempo que adicamos a os nos fillo/as para observar a sua conduta e darlle respostas axeitadas.



deixovos o enlace desta publicación.

http://issuu.com/alberto.carmona/docs/quien_te_quiere_a_ti._guia_para_padres_y_madres._c/3

martes, 18 de diciembre de 2012

AS PERRENCHAS NOS NENOS E NENAS

Artigo moi  claro sobre un tema que preocupa moito aos pais e nais  de como actuar antes as rabietas dos fillos. 
está recompilado do blog Psicoloxía e Pedagoxía, aquí deixovos o enlace.



Psicología y pedagogía: Las rabietas en los niños: cómo controlarlas

lunes, 10 de diciembre de 2012

Mapas Mentais

Esta é unha presentación de como elaborar mapas mentais, paréceme unha técnica moi boa para  organizar a información.
http://cursomapasmentales.igipuzkoa.net/

CONVIVES



     A revista CONVIVES nº 2 diciembre 2012  aborda o tema das condutas disruptivas nas aulas e danos estratexias para manexalas axeitadamente.

http://es.scribd.com/doc/115284573/CONVIVES-n%C2%BA-2-diciembre-2012

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Educación Emocional

Programa escolar de desarrollo emocional (P.E.D.E.) da Generallitat Valenciana
un libro Guía e tres libros de actividades  para : mestres, pais e nenos de 3 a 8 anos con actividades moi lúdicas. 

Guía xeral dos tres libros:
http://www.educastur.es/media/publicaciones/apoyo/orientacion/2011_guia_PEDE.pdf
libro do mestre:
http://www.educastur.es/media/publicaciones/apoyo/orientacion/2011_guia_PEDE.pdf
libro do alumno/a:
http://www.educastur.es/media/publicaciones/apoyo/orientacion/2011-11_Cuaderno_Casa.pdf
libro dos pais/nais:
http://www.educastur.es/media/publicaciones/apoyo/orientacion/2011-11_Cuaderno_Padres1.pdf


recompilado de 
ORIENTACIÓN: MAIS DE EMOCIÓNS: "Cultivando emocións": deixovos o enlace.



miércoles, 17 de octubre de 2012

O déficit de atención con hiperactividade: Un terremoto na casa.

Outro artigo de prensa escola con información práctica, esta vez do Déficit de atención con hiperactividade. Espero que sexa do voso interese.


lunes, 1 de octubre de 2012

Como deixar a chupeta en 15 días

O uso da chupeta nos bebés e nenos pequenos é un método fácil e cómodo para tranquilizalos, pero o seu uso prolongado ou a súa dependencia tanto para durmir como para tranquilizarse pode ocasionar problemas. Ademáis é habitual entre os pais a preocupación de cando e como deixala. Para respostar algunhas destas preguntas achégovos unha serie de blogs que falan sobre os pros e os contras das chupetas e o momento de deixar o seu uso.
Tamén vos deixo o enlace para descargar o método da fada Susú, un método para deixar a chupeta en 15 días. Dende o enlace poderédelo descargar de forma gratuita e imprimilo.

Blogs de interese:






Método de 15 días gratuíto, "El libro para dejar el chupete"



Pinchando na imaxe entraredes na páxina de Difrax directamente na sección de libros libres. O primeiro libro é o que nos interesa, pinchamos en descargar libro e aparecen 7 enlaces. Só necesitamos os tres últimos: calendario, stickers e "El libro para dejar el chupete". Os outros enlaces son páxinas soltas que xa aparecen directamente no libro.

Moita paciencia, moito agarimo e ánimo para deixar a chupeta.

domingo, 30 de septiembre de 2012

Información básica sobre disfemia

Clicando na imaxe atoparedes un pequeno documento que nos achega ás nocións básicas sobre a tartamudez ou disfemia. Espero que sexa do voso interese.



martes, 18 de septiembre de 2012

Novo xogo: "El bus de las palabras"

Novo xogo para crear palabras partindo dunha serie de letras. Traballaremos a conciencia semántica dunha maneira fácil, cómoda e atractiva.


miércoles, 12 de septiembre de 2012

Benvidos ao cole!!

Dámoslle a benvida a tódolos rapaces e rapazas de 3 anos que comezan este ano o cole. Ademáis aproveitamos para explicarlle aos papás e mamás que durante o curso realizaremos unha sesión semanal de estimulación da linguaxe que consistirá en traballar a respiración, o sopro, os movementos dos órganos articulatrios (cara, beizos, lingua, mandíbulas,..), ademáis de vocabulario, expresión oral ou relaxación. Todo isto traballarase mediante xogos, cantigas, e contos para facelo de forma divertida. Tamén levaremos un rexistro da fala de cada alumn@ durante toda a etapa de infantil para poder avaliar os progresos ou dificultades e así ofrecer os apoios necesarios. 

 
 Se premedes na imaxe accederedes a un pequeno panfleto sobre o traballo da mestra de audición e linguaxe e pequenos consellos e xogos para favorecer a fala dos vosos fillos e fillas.


martes, 28 de agosto de 2012

AVALIACIÓN E COMPETENCIA CURRICULAR


recopilación de material   práctico, útil  para o noso  traballo  coa avaliación inicial está moi completa esta entrada .  











ORIENTACIÓN: AVALIACIÓN E COMPETENCIA CURRICULAR de Orientacióncpidepanxón.

Psicología y pedagogía: TDAH EN CASA

Psicología y pedagogía: TDAH EN CASA:
 un bó artígo que sinala accións a emprender na casa para facilitar e mellorar a convivencia  de todos os membros.

Emocións Verdadeiras

Para programas de aula con  neno/as con TXD, temos neste enlace moitas fichas con pictogramas.

          http://es.scribd.com/doc/36668152/creencias-verdaderas7

recursos para o aula

Paréceme moi completa esta entrada de totemguard, para facilitar o noso traballo na aula.



http://www.totemguard.com/aulatotem/2011/11/excelentes-bancos-de-imagenes-academicas-para-profesores-y-alumnos/

martes, 14 de agosto de 2012

Guia TDHA - TA

 Aquí deixo un enlace para consultar estas interesantes guías  para desenvolver o traballo nas aulas


  http://irati.pnte.cfnavarra.es/multiblog/iibarrog

sábado, 11 de agosto de 2012

Detectar problemas da linguaxe de 0-6 anos


Nesta nova entrada engado tres artigos de "prensa- escuela" que dan pautas e orientacións aos pais e nais de nenos de entre 0 e 6 anos para detectar posibles dificultades na linguaxe. Sempre que existan dúbidas sobre a fala dos vosos fillos consultade coa titora, orientadora, mestra de Audición e Linguaxe e por suposto co pediatra, que vos a consellarán o mellor para os vosos  fillos.

Premede sobre as imaxes para ler os artigos





Aprender a comunicarse: guía para detectar problemas del lenguaje de 0 a 3 años











Bla,bla, bla: guía para detectar retrasos del lenguaje de 3 a 6 años










Las primeras palabras: detectar problemas del lenguaje de 0 a 6

sábado, 4 de agosto de 2012

Orientacións para a baixa tolerancia á frustración

Hoxe en día atopámonos con moitos alumnos con dificultades para tolerar a frustración. Enfádanse, pegan, non escoitan,... cando as cousas non saen como esperaban. Este artigo de Gema L. publicado en Orientapeques ofrécenos pautas para as familias e para os mestres; é un artigo pequeno, sinxelo e práctico que nos axudará a mellorar a conducta dos nosos alumnos / fillos.

martes, 26 de junio de 2012

Prensa-escuela: expresión oral

Outro artigo de prensa escuela relacionada coa expresión oral. Técnicas para falar en público. Pinchade na imaxe para lelo.


Prensa escuela: tartamudez

O programa "prensa-escuela" publicou un artigo interesante sobre a tartamudez. Pinchade na imaxe para lelo.

jueves, 31 de mayo de 2012

manipulación virtual das matemáticas

Pareceme unha entrada moi interesante e muy aplicable nas aulas, un traballo impresionante feito dende este blog    didactmaticprimaria: Manipulables_Virtuales_Matemáticas_I:

lunes, 21 de mayo de 2012

O Matrato Sutil


un conto precioso para ver cos alumnos, falar, reflexionar sobre a nosa autoestima
recóllono do Blog : Mis recursos aula, ... un lugar especial.: El Maltrato "Sutil"


viernes, 11 de mayo de 2012

GUÍA PARA FAMILIAS SEPARADAS

unha  publicación moi completa , do Goberno de Navarra que recollo do blog de orientación de Pastora astral sobre o tema das separacións e a vivenzas, sentimentos, pensamentos ..... que teñen os fillos neste momento complicado da súa vida.
ORIENTACIÓN: GUÍA PARA FAMILIAS SEPARADAS:

lunes, 7 de mayo de 2012

Conto : "Luis el Maquinista"

Este conto pareceme  interesante para acercarnos ao mundo das relacións sociais dos Asperger.
Orientación Educativa y Tutoría.: ASPERGER.Cuento.Luis el maquinista

lunes, 30 de abril de 2012

LECTURA INTERACTIVA

 Recollo esta publicación as vexo con moitas posibilidades a desenvolver na aula, así como lúdicas para os/as alumnas.
ORIENTACIÓN: AS FICHAS DE LECTURA AGORA DE MANEIRA INTERACTIVA: de  Orientación los Pedroches.

Deficit de Atención e Hiperactividade Na Casa

Paréceme un artigo moi interesante polo modo de redactar de forma clara e sinxela os aspectos para mellorar a convivencia na casa cando uns pais  teñen un fillo-a con TDHA .

http://psicopedagogias.blogspot.com.es/2011/12/tdah-en-casa.html?spref=bl

sábado, 14 de abril de 2012

Recursos Sobre Técnicas de Estudio

Fálase nesta páxina "Recursos en INTERNET sobre Métodos e Técnicas de Estudio" dos bos hábitos que debe incorporar a rutina diaria o alumno/a. Hábitos Alimenticios básicos para un desenvolvemento persoal positivo, Hábitos de sono un aspecto que é de traballo constante dende a educación infantil cos pais e  na primaria tamén cos alumnos, distribucción do tempo para o estudio das distintas materias ...
A información é completa, eu destacaría o enlace a "aprender a estudiar" con unha moi boa presentación, atractiva é motivadora para traballar cos alumos na aula.
A distribucción das tarefas que se leva para casa, os bos hábitos de estudio cara un exame, teñen que traballarse na aula para unha adquisición a través da práctica saber subliñar, facer esquemas, ler enunciados son exemplos.

miércoles, 11 de abril de 2012

Importancia das TICS na Educación

Neste comentario destaco a información recollida na páxina "Orientación TIC" , onde temos moitos artigos e recursos educativos, ferramentas Web 2.0  e distintos enlaces moi ben clasificados como: cultura-dixital, TIC e educación, código TIC, TIC&TAC .  Ten tamén un enlace co diario observatorio TIC e educación, para estar ao dia nestes temas.
A través destes enlaces colocados a pé de cada artigo, podemos ampliar  máis no tema que nos interese, están ben organizados, e son fáciles de localizar pola presentación dinámica que ten toda a información en xeral.

Os Blogs é a súa Potencial Utilidade para os Membros da Comunidade Educativa


Para facer este artigo tomarei como referencia dous dos blogs que teño na lista, que estou a facer neste inicio de percorrido polo mundo da web 2.0.
Escollín a modo de exemplo, un blog de "psicología y  pedagogía" parece importante ter como consulta, apoio para o desenvolvemento profesional un blog sobre a materia, fundamentos teóricos  que manexamos na labor diaria da orientación. 
Moitos dos artigos que comparte ou desenvolve este blog, teñen aplicacións directas para as posibles metodoloxías a desenvolver polos mestres para personalizar na aula según de que alumno esteamos a falar. É para pais interesados en ampliar información sobre a educación dos seus fillos.
O segundo " blog orientapeques " é moi práctico para a aula, con moitos recursos para atender a diversidade nas aulas e recolle reflexións sobre  as necesidades educativas,  feitas polos mestres no día a día. Neste blog hai vídeos, actividades  para o alumnado e traballar distintos temas como a educación en valores, etc. ; Ten tamén artigos, vídeos para compartir información cos pais.


miércoles, 28 de marzo de 2012

Resumo e Comentario do documento de Mª Carmen Delgado


                          O  BLOG  ORIENTACIÓN
                                              Autoría: Mª Carmen Delgado Lendíne 




Neste artigo a autora sinala, a importancia das TICs no mundo da educación hoxe en día. Os orientadores temos que aproveitar as ferramentas que nos ofrecen para chegar de maneira máis eficaz ao alumnado e as súas familias. 
A través do blog pretende incorporar as TICs a labor orientadora, no análise das competencias a desenvolver fala de:

  • habilidades para buscar e obter información.
  • habilidades para transformar a información en coñecemento.
  • habilidades para comunicar a información.
os obxectivos do blog:


  1. Proporcionar ferramentas e información relevante para a toma decisións vocacionais, unha das ventaxas do blog é poder solventar dúbidas puntuais sen necesidade de concertar unha entrevista. Outra ventaxa é a actualización constante da información.
  2. Recopilar recursos, webs, ferramentas para a formación, materiais, etc. relacionados coa orientación e co mundo da educación en xeral. É de utilidade sobre todo se se utliza a subscripción a través das cales podemos recibir as novidades do blog, ben a través de notificacións ao correo electrónico ou mediante as fontes RSS, co conseguinte aforro de navegación.
  3. Pretende proporcionar aos titores, ao profesorado en xeral materiais para a acción titorial: técnicas de estudio, titorías interactivas, materiais sobre as probas de diagnóstico, educación en valores, convivencia. Recurso moi valioso por exemplo son as conferencias en vídeo.
  4. Obxectivo que foise impoñendo pola demanda dos usuarios é facer máis accesible a información acerca de as posibilidades que ofrece o nosos sistema educativo.
Con respecto a información que nos dá en este blog, paréceme amplia articulada é moi ben organizada sobre todo para os principiantes no tema dos blogs, de moita utilidade en xeral para toda a comunidade educativa.
A valoración que fai da falta de tempo, diversidade e amplitude de contidos dentro do mundo da orientación estou toalmente dacordo.
Salientar que o último comentario sobre a necesidade de fomentar o traballo colaborativo creo que é unha reflexión moi importante. 
Penso que é un paso máis avanzado, cando xa ti tes o blog estruturado e dinámico pero un paso importante é moi enriquecedor non só para os recursos materiais, senón é fundamentalmente para o apoio interpersoal nun frente común como é a abordaxe de tantos eidos que abarca o departamento da orientación dun centro. 




martes, 27 de marzo de 2012

Resumo e comentario sobre documento Daniel Veiga

O BLOG COMO FERRAMENTA NA ORIENTACIÓN EDUCATIVA
                                                               Daniel Veiga Martínez
O autor sinala que un blog é unha modalidade de páxina web que potencia a participación e a interactividade e que posibilita a sindicación de contidos(rss)
no ámbito educativo as vantaxes xerais do uso dos blogs son variadas:
  1. sistema rápido, sinxelo e sen coste para publicar no internet.
  2. a posibilidade que ten o visitante de participación e interactividade 
  3. un sistema de almacenamento e organización da información.
no que se refire as aportacións pedagóxicas:

  • posibilita e potencia a alfabetización dixital do alumnado.
  • aporta motivación para as ensinanzas da lectura e escritura. Permite a formación audiovisual.
  • o alumno é o protagonista do seu blog, é a publicación inmediata reforza a sensación de éxito.
  • axuda na creación de redes virtuais de aula.
  • iniciamos ao alumno nas actividades específicas para organizar, compartir e traballar coa información.
  • o blog reflicte as actividades de aprendizaxe realizadas (caderno virtual).
Con respecto as aportacións pedagóxicas que sinala o autor, penso que é interesante resaltar a do alumno como creador, protagonista o que favorece a motivación cara o aprendizaxe e tamén o aspecto colaborativo que ten o blog, é importante, dende o punto de vista do tratamento da información como no desenvolvemento na toma de decisións, elaboración de xuízos críticos, opinións contrastadas tan necesarias na sociedade actual onde a selección da información é fundamental.
Continua Daniel Veiga, definido que o blog pode ser un espazo de aprendizaxe. O blog como unha ferramenta multiuso que nos permite variadas aplicacións pedagóxicas.
1- planificar, crear e manter un blog con blogia, a súa característica principal é a simplicidade.
2-configurar conta como usuarios avanzados. Darnos de alta no buscador de google e na páxina aulablog.
3-crear temas - é preciso planificar con con criterios pedagóxicos, as finalidades e funcións do noso blog.
De maneira habitual, a nosa tarefa vai ser publicar artigos con ligazóns e/ou imáxes.
 A experiencia  dinos que non lles resulta complicado a realización das tarefas anteditas.
 Unha razón máis para empregar os blogs nos centros educativos.
Temos sistemas de creación de blogs en galego www.blogoteca.com e www.blogaliza.org . un dos servizos máis interesantes da chamada web 2.0 é sen dúbida BLOGLINES, a posibilidade de informarnos de maneira automática.
con un valor pedagóxico importante dá unha relación de aplicacións interesantes no noso traballo de orientador :
 subcribirse a apcala - para saber utilizar as súas presentacións interesantes.
www.blinklist.com - para ter as miñas webs favoritas organizadas.
www.irows.com/xo/welcome.do- para follas de cálculo e gráficas.
www.interrogantes.com- para enquisas sinxelas. etc.
Outra reflexión pedagóxica importante é a da conveniencia  do que uso dos blogs tivera un espazo curricular e non só se identificara de maneira exclusiva coas tarefas de información académica e profesional




domingo, 25 de marzo de 2012

  A NECESIDADE DE CREAR UN BLOG PROFESIONAL : 8 motivos para crear o teu blog

No documento www.totemguard.com./aulatotem/8 motivos para crear tu blog. dá unhas razóns polas que ve o autor a necesidade por parte dos docentes para ter un blog educativo.
os motivos que sinala son:
  1. Reflexionar a posteriori sobre a evolución do teu traballo e pensamento - xa que un blog é esencialmente un diario, permitindo valorar no tempo o traballo desenvolvido polo autor deste.
  2. Progresar nas competencias TIC - non se pode ignorar este tipo de tecnoloxías se se desexa participar e entender a evolución actual no campo educativo.
  3. Comunicar con outros profesionales da educación - iníciase un diálogo, reflexivo e crítico que axuda a mellorar.
  4. Conectar con alumnos e/ou pais - o blog  é proveitoso para crear un lugar de diálogo e conectar con os alumnos fora do horario lectivo. É moi motivador especialmente para os alumnos que non participan na clase. os pais tamén coñecen mellor ao orientador.
  5. Mellor presentación oral e escrita - mellora a forma de explicar calquer concepto aos alumnos, docentes o para para que poidan entendelo claramente. 
  6. Desenvolver o teu lado creativo - se escribes no blog con frecuencia descubres que has de buscar maneiras creativas de articular ideas ou mensaxes.
  7. Expandir oportunidades profesionais - cando publicas creas unha pegada dixital. Se desexas dar a coñecerte profesionalmente e contribuir ao diálogo educativo do momento o blog é de grande utilidade.
  8. Cambiar a imaxe pública do docente.
Considero que as razóns ou motivos que da o autor están ben definidos é son claros sobre as posibilidades que brinda tanto a nivel persoal, cando fala do desenvolvemento do lado creativo, da expansión de oportunidaes profesionais; como do desenvolvemento profesional para un orientador/a.
Analizando dende clave orientadora, todos estes motivos son aproveitables e moi válidos para mellorar no traballo diario. Por outra banda é certo que afacerse a empregalo con certa regularidade, analizar o tempo que leva o elaborar presentacións, artigos etc. se en principio non debe ser un impedimento para descartar este recurso; se hai que telo en conta é prever cando un ponse mans a obra no desenvolvemento do teu blog. Penso que tanto a planificación, organización como constancia para conseguires pouco a pouco sentirse cómodo/a no manexo dun blog, son aspectos fundamentais.    
Verse reflexar o que ti fas, o plantexamento do traballo do departamento nas públicacións, artigos, ... é un obxectivo que debería compensar o traballo que conleva ter o blog.