martes, 5 de febrero de 2013

Uns consellos para estudar (3º ciclo de E.P.)




ESTUDO EFICAZ

Para que se dea un estudo eficaz por parte dos nosos fillos debemos ter en conta unhas sinxelas normas a facer cumprir e fomentar:

·        HORARIO ESTABLE: sempre a mesma hora, preferiblemente á volta do colexio e seguindo esta PAUTA:

1º Descanso: media hora
2º Estudo: comezar e rematar a tarefa
3º Xogo.

·        LUGAR DE ESTUDO: é convinte que sexa un lugar estable, organizado e sen distractores.

·        ACTIVIDADES DIARIAS:

1º Revisar a AXENDA (tarefa na que participarán os pais)
2º Facer as TAREFAS indicadas na axenda
3º Revisar HORARIO, cadernos, libros...para detectar traballo atrasado.
4º Unha vez rematado, preparar a MOCHILA para o día seguinte.

·        NORMAS EN RELACIÓN ÁS TAREFAS

1º As tarefas son un DEBER do alumno e non debemos de permitir que as cuestionen.
2º Non se debe de pedir “por favor” que as realicen , nin ofrecer premios por facelas, nin usalas como castigo.
3º Debemos de indicar a súa realización de forma tranquila pero FIRME recordando o posterior momento de xogo unha vez rematada a tarefa.

·        AXUDA DOS PAIS

Xa estamos en TERCEIRO CICLO de primaria así que pouco a pouco debemos ir entregando a responsabilidade aos nenos . En todo caso as tarefas téñennas que realizar os nenos e os pais, unicamente, actuarán de guía. O neno sentarase e realizará as tarefas só, pedindo axuda só cando non entende a materia.
Aínda así os pais estarán sempre atentos ás notas, á axenda, ao comportamento...

·        ACTIVIDADES ELEMENTAIS PARA O ESTUDO

Ä    MEMORIZAR
Ä    COMPRENSIÓN LECTORA
Ä    SUBLIÑAR
Ä    RESUMOS
Ä    ESQUEMAS e REPASO

·        TÉCNICAS DE ESTUDO

1º LECTURA RÁPIDA: para obter unha visión xeral do contido a traballar ou estudar.

2º LECTURA COMPRENSIVA.

3º SUBLIÑADO: despois da lectura rápida , ler detidamente cada párrafo e separar a INFORMACIÓN IMPORTANTE.

4º RESUMO: Escribir con PALABRAS PROPIAS  a materia a estudar usando o material subliñado.

5º ESQUEMAS E REPASO: Os esquemas serán mapas de conceptos , é dicir, recollerán as PALABRAS IMPORTANTES e se é preciso unha pequena explicación.
 Despois LERASE o traballo realizado en VOZ ALTA e preferiblemente camiñando xa que isto axuda ao funcionamento cerebral.
Haberá que MEMORIZAR o traballo feito intentando explicalo con PALABRAS PROPIAS ou usando técnicas como a REPETICIÓN (oral ou escrita).

·        MOTIVACIÓN e ACTITUDE ANTE O ESTUDO.

Para que todas estas técnicas nos axuden a obter resultados, os nosos fillos teñen que estar motivados ante o estudo. Para iso, temos que reforzalos positivamente ante o traballo escolar e alabar os seus logros pero moito máis, os seus esforzos e ganas de superarse. Facelos conscientes da SATISFACCIÓN que por si mesma produce a aprendizaxe, que aínda que se equivoquen moitas veces de aí tamén obterán coñecementos (APRENDIZAXE POR ERRO), e tan importante saber asumir o éxito como o fracaso. Fracasar forma parte da vida e a superprotección levaranos a frustración.
Os nosos fillos se fan maiores e como pais responsables debemos DEIXÁLOS MEDRAR.





No hay comentarios: